Astariz
Primeiro encontro · 7 nov 2026

Aprender a observar
para mellorar
a educación

Primeiro encontro educativo de Astariz

Unha xornada intensiva xunto a Mariana Morales e Lara Crespo para adestrar a mirada, aprender a dar feedback e comezar a construír unha rede de observación de aula en Galicia.

Casa de piedra rehabilitada en Astariz, Ribeiro
Astariz · Castrelo de Miño · OurenseFig. 01
Cap. I

Por que
este
encontro?

A observación de aula estase a converter nunha das ferramentas máis potentes para mellorar o ensino. Porén, moitos centros queren comezar e non saben como facelo.

Este encontro nace para axudar a construír esa capacidade dende a práctica. Non aprenderás unicamente a observar.

Aprenderás a mirar. A recoller evidencias. A manter conversas profesionais que axudan a mellorar.

Cap. II · A experiencia

Que
vivirás?

Cuaderno abierto con notas de observación
  1. 01

    Adestrarás a mirada

    Observando clases reais e aprendendo a distinguir o que ocorre do que interpretamos.

  2. 02

    Recollerás evidencias

    Con instrumentos concretos, útiles para o teu centro dende o luns seguinte.

  3. 03

    Ofrecerás feedback útil

    Practicarás conversas profesionais que abren, en lugar de pechar, a mellora.

  4. 04

    COMPARTIRÁS E CREARÁS REDE

    Con outras persoas que tamén queren transformar a educación en Galicia.

  5. 05

    Aprenderás sen présas

    Nun contorno pensado para a pausa, a lectura longa e o pensamento compartido.

  6. 06

    COMEREMOS XUNTAS

    Comida cociñada con produto da zona, compartida en pequeno formato.

Cap. II · bis

A quen
está
dirixido?

A docentes, estudantes e futuros docentes, asesoras e formadoras, coordinacións pedagóxicas, orientación, equipos directivos e docentes universitarios.

A calquera persoa que crea que a mellora educativa comeza por mirar a aula con outros ollos, tanto se comeza en observación de aula como se xa ten camiño percorrido.

Cap. III · Persoas

As persoas que te acompañarán

Retrato de Mariana Morales

Mariana Morales

Autora de «La observación de aula» e referente nacional en observación de aula e avaliación formativa. Formadora de docentes e consultora educativa.

Retrato de Lara Crespo

Lara Crespo

Consultora educativa especializada en inclusión, aprendizaxe e formación docente. Acompaña equipos que queren mirar as súas aulas con outros ollos.

Viñedos del Ribeiro en la mañana
Cap. IV · O lugar

Astariz

Castrelo de Miño · O Ribeiro · Ourense

Aprender tamén depende do lugar. Astariz é unha aldea do Ribeiro, entre viñedos que descenden cara ao Miño. Un río antigo, silencioso, feito para o paso lento.

Aquí xuntámonos en pequeno formato. Vinte persoas ao redor dunha mesa longa de madeira. Cafés compartidos pola mañá, comida cociñada con produto da zona ao mediodía, conversa pausada pola tarde.

Non vimos asistir a un curso. Vimos construír unha rede profesional a lume lento.

Cap. V · Información práctica
Data
7 de novembro de 2026
Horario
09:30 — 17:00
Lugar
Astariz Castrelo de Miño Ourense
Prazas
¡Prazas limitadas!
Inclúe
  • Materiais de traballo
  • Cafés e infusións
  • Comida
  • Todas as prácticas
Cap. VI · Reserva

Prezo

95€
125 €
prezo habitual

Prezo de 95 € ata o 30 de agosto. A partir desa data, a praza pasa a 125 €. ¡Prazas limitadas!

Reservar a miña praza
Cap. VII

Preguntas
frecuentes

E isto é só o principio

Queremos que Astariz sexa un lugar onde as persoas que cren noutra maneira de mellorar a educación poidan atoparse.

Este é o primeiro de moitos encontros. Gustaríanos que estiveses no que abre o camiño.

Quero formar parte do primeiro Encontro Astariz